BLANCA PEREIRA FINALISTA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Publicado por: Ourense Atletismo

Blanca Pereira logrou a praza de finalista no Campionato de España Absoluto en La Nucía ao obter a oitava praza.

A atleta ourensá que se desprazou este ano aos EEUU para compaxinar os estudos co deporte, rematou nunha meritoria oitava posición no Campionato de España absoluto grazas ao seu primeiro lanzamento de 54.47. Debido á necesidade de arriscar para mellorar a posición realizou nulos nos treceiro, cuarto e quinto intento para realizar un último bo lanzamento de 53.06 co que tampouco mellorou a súa marca. Nova praza de finalista nun campionato absoluto para unha xoven atleta que non para de crecer.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CIV Campeonato de España Absoluto

La entrada BLANCA PEREIRA FINALISTA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: BLANCA PEREIRA FINALISTA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Mas noticias relacionadas