Bo papel da Selección Sub16 en Avilés

Publicado por: F.G. Atletismo

Excelente balance colleitado pola selección galega Sub16 nesta fin de semana no Campionato de España de Federacións Autonómicas disputado nas pistas avilesinas “Yago Lamela”

Ata alí chegou a Selección para tomar parte no campionato durante o sábado e domingo e na que por parte do equipo femenino o máis salientable sería o récord galego da atleta do ADAS Proinor Belén Arias quen na proba dos 300 m.v. establecería un rexistro de 43.37. Con esta marca a xóven valor do ADAS sitúase líder do ranking nacional. O relevo 4×300 feminino sería outro dos protagonistas grazas a esos 2:49.85 que constitúen da mesma maneira un novo tope Sub16. As súas artífices serían, Carla Pérez, Carmen GonzálezNatalia Meaños e de novo Belén García. A maiores compre falar do triunfo de Antía Sestelo na xavalina con 45.67 m. o segundo lugar de Ana Piñeiro na proba de marcha así como os terceiros lugares de Carmen González  nos 1.000 m. e de Victoria Eiriz no peso e na que xunto o resto de actuacións, darían a Galicia a quinta praza nun encontro gañado por Catalunya

O equipo masculino da mesma maneira asinaría unha formidable cuarta posición tras Catalunya, Madrid e Andalucía destacando a nivel xeral o excelente comportamento e rendimento do grupo. Por resultados individuáis salientar a Eric Méndez gañador do concurso de martelo, as segundas posicións de Lope Quinteiro nos 1000 m., Hugo García nos 3000 m. e de Nicolás Ortega no disco, así como os terceiros postos de Jorge Román nos 300 m. e do equipo de relevos 4×300 cuxo cuarteto integrado por Jorge Román, Aleix Díaz, Lope Quinteiro e Daniel Ngwudile acadaría un novo récord galego con 2:27.39

Resultados

O artigo Bo papel da Selección Sub16 en Avilés publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Bo papel da Selección Sub16 en Avilés

Mas noticias relacionadas