O SEIS DO NADAL – COIA PRESENTE NA XUNTANZA DE PREMINIBÁSQUET CELEBRADA NA VILA DE NOIA

Publicado por: Seis do Nadal Basket

(De esquerda a dereita: Gael Champeme, Pablo Sirvent, Sandra Solano, Eva Pallarés, Sandra Martínez e Martina Gonçalves en Noia)

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia estivo presente na Xuntanza de categoría Preminibásquet que foi organizada pola Federación Galega de Baloncesto o pasado domingo día 17 de xuño do 2018 na vila de Noia.

..

(Sandra Solano, Eva Pallarés, Sandra Mtnez. e Martina Gonçalves en Noia)

..

As sete delegacións zonais da Federacíon Galega Baloncesto reuniron en Santiago de Compostela ás súas seleccións tanto feminina como masculina compostas de dez deportistas nados no ano 2008 en cada caso. Ademais tamén participaron dous combinados autonómicos da xeración do 2009.

 

(Gael Champeme e Pablo Sirvent coa Selección de Vigo en Noia)

..

Do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia participaron nesta nova xuntanza Gael Champeme e Pablo Sirvent, xogadores do Benxamín Masculino "A", e Eva Pallarés, Sandra Martínez e Martina Gonçalves, xogadoras do Benxamín Feminino do club. Tamén participou como adestradora da Selección de Vigo Feminina Sandra Solano, responsable dos equipos Benxamín Feminino e Alevín Feminino "A" do club.


Enlace con la noticia original: O SEIS DO NADAL – COIA PRESENTE NA XUNTANZA DE PREMINIBÁSQUET CELEBRADA NA VILA DE NOIA

Mas noticias relacionadas