O Rías Baixas volve a gañar a Volta ao Ribeiro cun surafricano: Van Heerden

Publicado por: F.G. Ciclismo

Edwil Van Heerden (Rías Baixas) foi o vencedor da XVII Volta ao Ribeiro ao impoñerse na liña de meta de Barbantes a Aser estevez (Cortizo- Anova). Por segundo ano consecutivo é un corredor surafricano do conxunto nigranés o suman o seu nome ao palmarés desta clásica despois de que o hoxe profesional Willem Smith lográseo na pasada edición. Os membros do Cortizo Anova, Aser Estevez e Jesús Nanclares completaron o podio da proba.

A cita do Ribeiro foi a primeira da tempada galega na que se competiu baixo a esixencia da calor o que fixo máis duro o percorrido de 123 kilometros con saída e chegada en Barbantes-Estación. Os altos de Castro San Cibrao (2ª), Maside (3ª) e San Amaro (2ª) foi terreo propicio para que os membros do Rías Baixas mantivesen o control de carreira co catalán Francesc Zurita na cabeza puntuando nos tres portos do día o que lle valeu para facerse co premio de montaña.

Nin sequera o intento de escapada en solitario de Samuel Branco (Cortizo Anova) intimidou aos de Iván Rodríguez que tiveron a proba controlada ata o último porto. Alí foi onde Zurita e Van Heerden pasaron ao ataque levando consigo a Estévez e Nanclares (Cortizo Anova), un cuarteto que se pelexou a vitoria ata a liña de meta. O surafricano sumou o seu primeiro triunfo co Rías Baixas superando en sete segundos a Estevez (Cortizo Anova) e en 1:42 a Nanclares (Cortizo Anova) e Zurita (Rías Baixas).

A xeral da montaña foi para Zurita (Rías Baixas) e os sprines intermedios para Estévez (Cortizo Anova)

Documentos: 

Enlace con la noticia original: O Rías Baixas volve a gañar a Volta ao Ribeiro cun surafricano: Van Heerden

Mas noticias relacionadas