O Vigués organizou o seu III Trofeo ELM Bembrive de Escolas

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O CC Vigués organizou a terceira edición do seu trofeo de Bembrive que abarcou as categorías de escolas, cadetes e junior. Ademais da gymkana de participación para os máis pequenos, os maiores disputaron o seu circuíto polas rúas que compoñen a parroquia viguesa.

En categoría alevín o triunfo foi para Gael García (Compostelán) que se disputou a vitoria con Alex Crende ( Cidade de Lugo Esturion). A terceira praza conseguiuna Tomás Pombo (Cambre). Entre as mulleres, un novo triunfo para Antía Casal (Barbanza) que se impuxo con claridade a Xema Dacosta (Cangas) e Elsa Montenegro (Padronés).

O podio de infantís foi para Asier Torrado ( Barbaza), Sergio Farto ( Farto) e Diego Vázquez ( Cidade de Lugo- Esturion) mentres que en infantil feminino lográbao Uxia Soto (Avanza) por diante de Vania Gregores (Ponteareas) e Laura Alonso (Spol).

Unha vez máis os ciclistas do Compostelán fixeron dobrete na categoría cadete con triunfo de Adrián López e segunda praza para Rubén Fandiño. Manuel Rodríguez (Ponteareas) pechou o podio coa súa terceira praza. Laura Tenente (Padronés) e Irea Vila (O Rosal) asinaron o podio feminino.

A proba junior foi a máis disputada cun cuarteto de cabeza que se disputou o trofeo ao sprint sendo o primeiro Roi Domínguez (Fundación Óscar Pereiro) por diante de Iván Dias ( Dipuleon) e Yago Lorenzo (Fundación Óscar Pereiro). Antía Crende ( Cidade de Lugo) e Ana Belén Domínguez (Marín) foron as primeiras junior.

Documentos: 

Enlace con la noticia original: O Vigués organizou o seu III Trofeo ELM Bembrive de Escolas

Mas noticias relacionadas