O BURGAS COLUER TRIUNFA COMO ORGANIZADOR DO XCO DE PIÑOR

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Mantéñense os líderes do Trofeo Federación tras a disputa do Xco de Piñor. Saul López (Maceda) impúxose con autoridade na categoría elite por diante do sub23 Pablo Alvarez (Cambre) e de Jorge Punzón ( Prebetong). A proba ourensá organizada polo Burgas Coluer disputouse sobre un trazado que contou con todas as esixencias técnicas posibles. Ao nivel participativo e a destreza que requiría o percorrido sumouse na xornada o intenso frío impropio dunha xornada primaveral. Pese a todo, os compeñentes do equipo organizador amosaron una excelente operatividade tanto na marcaxe como na organización xeral do evento.

Na primeira quenda de saídas, o cadete Miguel López (Ponteareas) puido completar o gran premio sen avarías e sumando unha vitoria solvente fronte á Marco Nube (Maceda) e Xoel Montes (Avanza) quen foi os seus acompañantes no podio. En master 50 unha nova vitoria de Manuel Castro (Barbanza) que avantaxou en máis de tres minutos a Carlos Amor (Fene) en liña de meta. O podio desta categoría pechouno Manuel Gómez (Bici Verde).

Sorprendeu a presenza nesta xornada do campión de ciclocrós, Manuel Armada ( AGC) que compartiu caixón final con Antonio Rivas (Burgas Coluer). Entre ambos non houbo disputa e, tras rodar xuntos toda a proba, Armada non disputou o sprint ao seu amigo en liña de meta. Antes pasara un intratable Alex Trasbach (Racing) que sumou a súa enésima vitoria na categoría master 40.

Ademais dos xa mencionados ciclistas élitesy sub 23, a segunda quenda de saída reuniu tamén ao colectivo dos master 30 cun humillante Manuel Parada ( RsBike) a quen a categoría se lle queda pequena. O de Boiro saíu con dous minutos de atraso con respecto aos elites a pesar do cal acabou alcanzando ao grupo de cabeza grazas ao seu alto ritmo de pedaleo. Venceu con autoridade e con máis de catro minutos de vantaxe con respecto a Iván Pereira ( Barbanzabike) e Federico Lamas ( Estralos) a pesar da gran carreira de ambos.

Na categoría junior Roi López (Mobles Compostela) vencía no seu duelo con Óscar Fernández (Avanza) mentres Hugo Vázquez (Maceda) tiña que conformarse coa terceira praza.

Polo que respecta ás mulleres, destacada vitoria de Noela Saa en cadetes a pesar de sufrir unha picada na primeira volta que a obrigou a correr boa parte do percorrido. O seu esforzo aproveitouno a cadete de primeiro ano, Laura Capa ( Farto) para poñer algúns apuros á de Maceda. 25 segundos separaron ás dúas ciclistas en meta. Zaira Vila (Coruxo) completou o podio tras unha carreira moi regular.

Nuria Senra ( Eskornabois) foi a única elite en competición do mesmo xeito que Sofía de Jesús en master. A do Mosqueteiros concluíu moi satisfeita do seu debut neste tipo de competicións. A de Narón, pola súa banda dedicouse a medir forzas coa junior Andrea García (Maceda) nas tres voltas que compartiron. Coa súa vitoria en categoría junior, Andrea García (Maceda) recorta algúns puntos coa líder de Cópaa Federación, a arteixán Alba Arias que en Piñor foi segunda. Antía Martínez (Maceda) volvía á competición e fíxoo cun meritorio terceiro debido a que a recado animaraa a participar en próximas citas.

A Copa Federación vestiu unha xornada máis aos seus líderes: Castro ( BarbanzabikeM50); Trasbach (Racing – M40); Dá Silva ( MosqueteirosMaster Fem); Chapela (Morrazo – M30); Montes (Avanza – Cadete); Capa ( Farto –Cadete Fem); López (Compostela -Junior); Arias (Arteixo –Junior Fem); González (Maceda – S23); Senra ( EskornaboisElite Fem) Punzón ( PrebetongElite.


Enlace con la noticia original: O BURGAS COLUER TRIUNFA COMO ORGANIZADOR DO XCO DE PIÑOR

Mas noticias relacionadas