Carlos Canal bautízase como profesional esta fin de semana en Francia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O ciclismo galego aumentará a súa nómina de ciclistas profesionais de estrada durante esta fin de semana en Francia. Carlos Canal entrou na aliñación do Burgos BH para dúas clásicas pertencentes ao calendario das UCI ProSeries. Aos seus 18 anos, o de Xinzo de Limia disputará o sábado a Faun-Ardèche Classic e o domingo descubrirá a Royal Bernard Drôme Classic.

Despois de ter defendido as cores do seu novo equipo na temporada de ciclocrós, o corredor formado no Maceda estrearase sobre o asfalto co Burgos BH, o conxunto que lle abriu as portas do pelotón profesional unha vez rematada a súa etapa como júnior.

O bautizo de Canal producirase nos 184 quilómetro entre Guilherand e Granges, no sur de Francia, e ao día seguinte no departamento de Drôme agárdanlle 203 km. "Son dúas clásicas longas, cun terreo 'pestoso' e subidas curtas que van marcar diferenzas, con ramplas duras", sinalou Santi Barranco, o director deportivo da formación burgalesa nesta dobre cita. 


Enlace con la noticia original: Carlos Canal bautízase como profesional esta fin de semana en Francia

Mas noticias relacionadas