Maceda deu o último sorbo á Copa Galicia XCO

Publicado por: F.G. Ciclismo

A última cita da Copa Galicia serviu para que os ciclistas do Maceda lucísense en casa nunha proba marcada por ser a primeira da tempada que se disputa baixo condicións de calor que acabou pasando factura un bo número de participantes.

A xornada abriuse co duelo pola Copa entre o líder Marco Nube (Maceda) e Miguel Rodríguez (Ponteareas). Igualados a puntos, o ponteareán soubo negociar mellor a presión polo triunfo que o seu rival e encabezou a carreira de principio a fin logrando a vitoria do día e a camisola final da Copa. Nube obtivo a segunda praza e Jorge Lorenzo (Coruxo) foi terceiro.

En categoría cadete feminina o triunfo destacado foi para Noela Saa (Maceda) que superou a Laura García ( Berria) en máis dun minuto e a Laura Capa ( Farto). Coa Copa decidida nas categoría de master algúns gañadores reserváronse á espera do próximo Campionato de Galicia e así foron baixa Manuel Castro (Boiro) e Alex Trasbach (Racing) en 50 e 40, respectivamente. Isto deixou máis aberta a loita polo triunfo nesas categorías.

Carlos Amor ( Btt Fene) impúxose en 50 por diante de José Ramón Castelo (Castro Barbudo) e Manuel Gómez (Bici Verde). En master 40 foi Manuel Armada ( AGC) o primeiro en cruzar a meta por diante dos membros do Burgas, Antonio Rodríguez e José García. En master 30 viviuse unha nova vitoria de Manuel Parada ( RsBike) que estivo acompañado no podio pola parella do Caimanes de Betanzos composta por Diego Rey e Aquiles Xordo.

Carlos Canal (Maceda) fixo un alto no seu periplo a nivel nacional para competir na cita de casa e demostrar cunha vitoria sen oposición o porqué é o mellor biker español no seu tramo de idade. David Aragunde ( Armenteira e Punto) gañador da Copa de Galicia tivo que renderse ao poderío do macedano e asinar unha meritoria segunda praza por diante de Hugo Vázquez (Maceda). En junior feminino a vitoria correspondeu a Andrea García (Maceda) por diante de Alba Arias (Arteixo) e Antía Martínez (Maceda).

Na categoría sub23 o gañador foi Samuel González (Salvaterra) que durante boa parte da proba foi capaz de seguir o ritmo dos homes de cabeza e avantaxar en liña de meta a Iván Feijoo (Maceda) que apura a súa posta a punto para o Campionato de Galicia. Terceiro foi Raúl González (Maceda). Irene Trabazo (Marín) foi a mellor na súa categoría que en Maceda non tivo maior participación.

A proba elite foi unha sorte de adestramento para o internacional galego Pablo Rodríguez Guede ( MMR) que aproveitou a súa presenza realizando preparación en altura en Manzaneda para formar parte da carreira. Guede tivo no seu ex-compañeiro de equipo en Maceda, o monfortino Saúl López ao seu principal opoñente ao que non puido soltar ata o ecuador da carreira. Vitoria para Guede ( MMR) e segunda praza para López (Maceda) co gañador da Copa, o porriñés Jorge Punzón ( Prebetón) completando o podio.

Co conxunto de Maceda como gañador final da Copa de Galicia XCO 2018, os mellores a título individual foron:

Master 50: Manuel Castro (Barbanza)

Master 40: Alejandro Trasbach (Racing)

Master 30: Manuel Parada (Rs Bike)

Master feminino: Marta Barbeito (Hércules Xtrem)

Cadete masculino: Miguel Rodriguez (Ponteareas)

Cadete feminino: Noela Saa (Maceda)

Junior masculino: David Aragunde (Armenteira e punto)

Junior Feminino: Andrea García

Sub 23: Samuel González (Salvaterra)

Elite/Sub23 feminino: Nuria Senra (Eskornabois)

Elite: Jorge Carrera (Prebetong)


Enlace con la noticia original: Maceda deu o último sorbo á Copa Galicia XCO

Mas noticias relacionadas