Cerceda acollerá o 17 de maio o Campionato de Galicia CRI

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Nun percorrido de 15,7 quilómetros con inicio e final en Cerceda poranse en xogo o vindeiro xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, os título autonómico de contrarreloxo individual (CRI) en estrada.

A saída do primeiro corredor darase ás 9:30 horas e cunha diferencia dun minuto entrarán en acción todos os participantes nesta cita organizada pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración co Clube Ciclista Cerceda.

A praza Campo da Feria será o punto de partida e de remate dun circuíto que transitará por Ribasoutas e Gosende, onde se efectuará un xiro de 180º para regresar pola AC-400 á liña de meta de Cerceda. 

 

 


Enlace con la noticia original: Cerceda acollerá o 17 de maio o Campionato de Galicia CRI

Mas noticias relacionadas