Marcos Porto deixa o Club Ciclista Ponteareas tras tres anos á fronte

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O dia 25 do presente mes, celebrarase entre os socios do Club Ciclista Ponteareas unha Asemblea Extraordinaria, onde o seu Presidente Marcos Porto Isla, presentará a súa renuncia ao cargo.

Este feito ven motivado por outros compromisos persoais do mesmo e de considerar que cumpriu o labor que dende o primeiro momento se propuxo e foi revivir ao Club Ciclista Ponteareas.

Hai 3 anos e medio que o seu Presidente Marcos Porto Isla, collia as rendas do Club Ciclista Ponteareas, xunto con outras 10 persoas na Directiva do mesmo, atopándose  nese momento o Club case ao borde da desaparición, con moi poucos nenos e nenas, sen practicamente subvencións, sen diñeiro nas contas e cunha imaxe do mesmo bastante deteriorada.

Foron 3 anos e medio de moito traballo, tanto do seu Presidente, Directiva e como do seu Director Deportivo, Jose Francisco Veiga García, buscando patrocinadores entre mais de 200 empresas, percorrendo os Colexios do Condado-Paradanta, cambiando toda a estrutura do Club para levalo ao século XXI.

Queren agradecer a todas e cada unha das persoas que lles prestaron o seu apoio e axuda neses momentos, moitos deles desinteresadamente para axudar aos mais pequenos e a que o Club recobrase a forza que outrora tivo.

Comezaron esa aventura con moito traballo e tesón e con iso lograron que actualmente sexa a Escola de Ciclismo de referencia en Galicia, con mais de 100 nenos e nenas, co apoio económico das Institucións e cada un dos patrocinadores e colaboradores, que sen eles non sería posible, coa axuda de moita xente que achega o seu granito de area nesta andaina.

Trátase dunha Escola de referencia tanto en Galicia como no ámbito nacional, xa que moi poucas escolas coidan o agarimo a cada neno e nena, e dándolles a oportunidade que fagan a modalidade de ciclismo que mais lles apaixona, entre elas o Ponteareas conta con ciclistas nas modalidades de Estrada ata a categoría de Junior incluída, Minibtt, XCO, CICLOCRÓS, ENDURO e DESCENSO, estando en moitas ocasións competindo no mesmo dia ata en 6 competicións distintas, e con pódiums en todas elas.

O seu PRESI, como comunmente lle chaman os nenos e nenas do Club a Marcos Porto, deixará o cargo, pero non se desvincula da entidade, xa que continuará axudando no que o Ponteareas necesite e axudando á nova directiva.

Fonte: Club Ciclista Ponteareas 


Enlace con la noticia original: Marcos Porto deixa o Club Ciclista Ponteareas tras tres anos á fronte

Mas noticias relacionadas