PICO (MOSKOVITAS) FOI O MÁIS RÁPIDO NO SPRINT DE O PINO

Publicado por: F.G. Ciclismo

José Luis Pico ( Moskovitas) impúxose na chegada masiva do pelotón master no V Trofeo Concello do Pino, proba valedoira para a Copa de Galicia de estrada e como peche da III Challenge organizada pola Asociación Galega de Ciclistas.

A carreira contou cunha ampla participación entre os que se contaron algúns corredores de categoría junior. A pesar da dureza do trazado de 70 quilómetros nada se decidiu ata a mesma liña de meta na que Pico superaba por mínima marxe a Iván Villar (Da Luz) e a Abel Gómez ( AGC).

Ademais do vencedor absoluto José Luis Pico ( Moskoviats) que gañou o seu tramo de idade de master 40, no resto de categorías, unha nova vitoria de Javier de la Fuente ( Norinver) entre os master 50 que o sitúa máis líder da Copa Galicia e gañador da Challenge. Cun dominio similar moveuse o vigués Iago Alonso (Chantadino) entre os master 30.

Tras esta nova xornada da Copa de Galicia de estrada master, De la Fuente ( Norinver) Rubén Fernández Oliveira ( Norinver) e Iago Alonso (Chantadino) saíron como líderes en master 50, 40 e 30, respectivamente. Adrián Giraldez (Ponteareas) foi o gañador junior.


Enlace con la noticia original: PICO (MOSKOVITAS) FOI O MÁIS RÁPIDO NO SPRINT DE O PINO

Mas noticias relacionadas