Carballo decide este domingo o primeiro líder da Copa Galicia de Estrada Júnior

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A Copa Galicia de Estrada Júnior entra en escena no calendario autonómico. Este domingo, na segunda xornada da Challenge Júnior de Carballo, porase en xogo o primeiro maillot de líder. Será a cita inaugural dun certame que consta doutras dúas carreiras puntuables. 

O Trofeo Júnior Carballo presenta o percorrido habitual de 89,5 quilómetros polos concellos de Coristanco e Carballo. A meta estará situada na rúa Martín Herrera da capital da comarca de Bergantiños. O día anterior, o sábado, disputaranse dous sectores que non son puntuables para a Copa, pero sí para a II Challenge Júnior que organiza o Clube Ciclista Carballo. 

Despois deste arranque na provincia da Coruña, o certame regresará no mes de xuño en Pontevedra con dúas probas en menos de sete días. O domingo 9 volverán repartirse puntos na xornada final da Ruta do Albariño en Cambados. Quen saia líder do Salnés defenderá o primeiro posto da xeral o sábado seguinte, día 15, no Trofeo Montes do Rosal. 

Nas dúas anteriores edicións desta Copa Galicia os gañadores foron Jorge Suárez, no 2017, e Martín Soutullo, o pasado ano. 

 

Calendario

07/04/2019                                  TROFEO JÚNIOR CARBALLO                                      CARBALLO, C.C.

09/06/2019                                         RUTA DO ALBARIÑO                                            FGC

15/06/2019                                 TROFEO MONTES DO ROSAL                                     O ROSAL, C.C.

 


Enlace con la noticia original: Carballo decide este domingo o primeiro líder da Copa Galicia de Estrada Júnior

Mas noticias relacionadas