Os sub23 da Selección de Galicia non tiveron opcións de medalla en Arguedas

Publicado por: F.G. Ciclismo

Pablo Álvarez, 18º, foi o mellor clasificado da Selección de Galicia na proba sub23 masculina do Campionato de España de Cross Country Olímpico (XCO) celebrada este sábado no circuíto navarro de Arguedas. Iván Feijoo, a gran baza do combinado autonómico nesta categoría, rematou a primeira volta na cuarta posición, pero a sofocante calor provocou o seu abandono no ecuador da carreira. 

O gran favorito Jofre Cullell cumpriu cos prognósticos e revalidou o título. O catalán completou as cinco voltas cun tempo de 1:15:20. A 4 minutos e 5 segundos do vencedor finalizou Pablo Álvarez e a 5:50 do seu compañeiro de selección fíxoo Estefan González na 32ª posición. Dos 75 bikers inscritos alcanzaron a liña de meta menos da metade. 

Unha das 'vítimas' das asfixiantes temperaturas foi Feijoo, ouro a xornada anterior na competición de Team Relay. O corredor de Allariz rodaba xunto ao terceiro clasificado David Campos (Murcia) ao término do primeiro xiro, con Cullell superándoos en 40 segundos. Un golpe de calor deixou fóra da loita polas medallas na segunda volta ao ourensán e deste xeito concluíu a súa participación nestes campionatos. 

Última xornada

O resto de competicións de XCO con presenza da Selección de Galicia disputaranse este domingo. Ás 09:00 horas comezarán os juniors con Carlos Canal, Xoel Montes e Marco Nube Lema; ás probas femininas poranse en marcha  a partir das 10:45 coa elite Lara Lois, a sub23 Irene Trabazo e as juniors Andrea García e Noela Saa; quedando para o final os elites con Jorge Punzón el Alberto Pedreira. 

Clasificación


Enlace con la noticia original: Os sub23 da Selección de Galicia non tiveron opcións de medalla en Arguedas

Mas noticias relacionadas