Enchamos o Aral

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense organiza o desprazamento deste próximo domingo o estadio do Erizana. O clube pon a disposición dos afeccionados un autobus con entrada para o encontro o prezo de 15 euros. 

Tralo vivido en Moaña fai case 15 días, con 400 afeccionados vermellos na grada e seguindo a tónica xeral de desprazamentos masivos dos nosos siareiros, a UD Ourense decidiu motivar unha vez máis, os afeccionados co obxetivo de encher o Aral de ourensás. O partido fronte o Erizana é unha das 3 finais que restan para resolver o futuro deportivo do equipo vermello e acadar o ansiado ascenso. Polo que dende o clube queremos animar os nosos a que acudan o partido deste domingo.

Con este motivo, o clube pon a disposición dos siareiros que así o desexen, a posibilidade de viaxar en autobus ata Baiona, con regreso o remate do encontro. O pack para o encontro consta de viaxe e entrada para o partido o prezo de 15 euros (non se poderá adquirir a viaxe sen a entrada). O autobus sairá as 15:45 do domingo do estadio de O Couto, regresando a Ourense o remate do partido. Todos aqueles que o desexen, poden adquirir o pack nas oficinas do estadio de O Couto en horario de apertura entre as 17:30 horas ata as 21:00 horas. Dende hoxe martes e ata o venres as 9 da noite.

La entrada Enchamos o Aral se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Enchamos o Aral

Mas noticias relacionadas