BUSTO E LOIS (EXTOL) IMPOÑEN A SÚA LEI EN MONDOÑEDO

Publicado por: F.G. Ciclismo

Podio absoluto masculino

Javier Busto e Lara Lois, ambos os compoñentes do Extol A Gramola impuxéronse este fin de semana na VIII Ruta do Rei Cintolo celebrada en Mondoñedo. A proba estivo organizada polo Club 7 Volta e era valedoira como terceira proba puntuable da Copa Galicia de Btt na modalidade de maratón.

Busto tivo que esperar ás últimas escaleiras antes de entrar na meta situada aos pés da catedral de Mondoñedo para arrebatar o triunfo ao seu compañeiro de formación Esteban Sánchez. Alejandro Trasbach (Racing) completou o podio sendo terceiro a 3:13 dos gañadores.

En categoría feminina Lara Lois non tivo rival nos 70 quilómetros de que constou a proba e máis ao retirarse antes de tempo a ciclista local Isabel Picoaga (7 Voltas) a quen lle pasou factura o traballo previo de preparación da carreira ademais das avarías mecánicas. Lois sumou un novo triunfo secundada polo seu compeñera no Extol Ana González e Silvia Branco do Master Galaico.

A falta dunha proba por celebrarse, as categorías da Copa Galicia de Maratón están encabezadas por Rubén Atrio ( Arcadecycles Team) en categoría absoluta masculina e Lara Lois ( Extol) en feminina. En elite o líder é Esteban Sánchez ( Extol A Gramola), en master 40 Alejandro Trasbach (Racing) e Manuel Ovide ( PillabikesCastropol) en master 50. O Open de Valdeorras pechará o calendario desta Copa Galicia o próximo 25 de xuño.


Enlace con la noticia original: BUSTO E LOIS (EXTOL) IMPOÑEN A SÚA LEI EN MONDOÑEDO

Mas noticias relacionadas