DOMINIO ABSOLUTO DE MIGUEL MERA (MMR) EN BOIRO

Publicado por: F.G. Ciclismo

Miguel Angel Mera ( MMR) foi o gañador absoluto do Trofeo Promoción de Boiro organizado polo Club Ciclista Boiro. O ciclista santiagués impúxose en solitario na liña de meta tras completar un trazado de 50 quilómetros pola comarca de Barbanza.

Mera xogouse a escapada de lonxe e sorprendeu a todo o pelotón cando apenas levaban quince quilómetros de carreira. A súa fuga chegou a ter unha renda máxima de 1:45, vantaxe que soubo manexar ata a meta e permitiulle sumar tamén a clasificación da montaña e na disputa de métalas volantes.

O novo corredor do MMR cruzou a meta cun tempo de 1.27:08 e 36 segundos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Sergio Gutiérrez. Diego Rodríguez Vilariño ( MMR) foi terceiro a 48 segundos completando o triplete do equipo asturiano. Coa súa vitoria, Miguel Mera se enfundó a camisola como primeiro líder da Copa de Galicia de ciclismo na estrada para a categoría cadete.

Na categoría cadete feminina, a vencedora foi Claudia García ( EC Redondela). En Infantís os triunfos foron para Bruno Puceiro (Padronés ) e Vania Gregores (Ponteareas); en alevíns Gael García (Compostelán) e Antia Casal (Barbanza). Entre os máis pequenos houbo moita igualdade e ampla inscrición con repartición de medallas a todos os participantes.


Enlace con la noticia original: DOMINIO ABSOLUTO DE MIGUEL MERA (MMR) EN BOIRO

Mas noticias relacionadas