Publicado por: F.G. Ciclismo
O Trofeo Concello de Cambre de btt alcanza nesta edición a súa maioría de idade e faio cunha proba que servirá para poñer o punto e final ao Trofeo Federación e ao Circuíto Deputación da Coruña de campo a través distancia olímpica e, suspendida a cita de Salcedo, da por rematada a tempada. Os organizadores xa dispuxeron un trazado que non difire do trazado tradicional de 4,3 quilómetros que abrirán a partir das 16:30 os ciclistas cadetes e master 40 e 50 para completar 3 voltas. A segunda manga, ás seis da tarde, reunirá aos elites (5 voltas), Junior e master 30 (4 voltas) ademais e todas as mulleres coas cadetes (2), junior (3) e élite (4).
Ollando ó Trofeo Federación, no clásico circuíto de Cambre haberá poucas categorías en xogo debido a que en moitas delas os seus líderes lograron xa o triunfo matemático. Son os casos de Laura Capa ( Farto) en categoría cadete feminina, Roi López (Compostelán) e Alba Arias (Arteixo MB3) en junior; Raúl González (Maceda) en sub23 ou Nuria Senra ( Eskornabois) en elite feminina.
A ausencia por lesión de Xoel Montes (Avanza), líder entre os cadetes, deixará aberta a posibilidade de ser superado por Brais Fernández (Maceda) ou David Fernández (Avanza), segundo e terceiro clasificado da categoría a 140 e 135 puntos de distancia, respectivamente.
O Trofeo Federación alcanza esta sexta e definitiva carreira con moita igualdade nas categorías de master. Entre os 50 o principal candidato será o Campión de Galicia, Manuel Castro ( Barbanzabike) a quen lle chega con ser cuarto en Cambre para impoñerse a Carlos Otero ( Btt Fene) o seu principal rival. En master 40 a vitoria matemática é de Alex Trasbach (Racing) porque se non puntua e Antonio Rivas (Burgas) obtén o triunfo, habería empate a puntos sendo Trasbach o mellor por maior número de primeiros postos. Por último, en master 30 haberá duelo entre Juan José Chapela (Morrazo) e Constantino Muñoz (Pan de Zarco) separados por 80 puntos e a “arbitraxe” de Manuel Parada ( RSBikes) na última carreira.
Jorge Punzón (Prebetong) e Alberto Pedreira (Bici Verde) terán que botar man da calculadora ao longo de toda próba elite. Punzón ten 60 puntos de vantaxe sobre Pedreira e se termina por diante sería o mellor do Trofeo Federación. Ante unha vitoria do de Bici Verde, o de Porriño deberá acabar como mínimo un terceiro para non perder o primeiro posto final.
Circuíto Deputación dá Coruña
O Circuíto Deputación da Coruña concluirá en Cambre cos seguintes líderes:
Cadete: Fabian Rrodríguez ( Caimanes) Junior: Roi López (Compostelán) Junior feminino: Alba Arias (Arteixo MB3)
M50: Manuel Castro ( Barbanzabike) M40: Alex Trasbach (Racing) M50: Manuel Parada ( RSBikes)
S23: Pablo Ávarez (Cambre) Elite feminino: Nuria Senra ( Eskornabois) Elite masculino: Daniel Caneiro (3 Lunas)
Enlace con la noticia original: Cita en Cambre para despedir a tempada de btt XCO