Mera en cadetes e Soutullo en junior gañana a Copa Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O Gran Premio San Roque serviu para poñer o punto e final á Copa Galicia das categorías cadetes e junior. A proba viveirense tamén foi valedoira como primeira cita do Trofeo Astur cántabro galaico e isto propicio a presenza dun bo número de corredores representantes non só de Galicia senón das comunidades implicadas nesta Copa.

Na categoría cadete a vitoria en carreira correspondeu ao ciclista Iván Ojeda ( Bathco) que adiantou en cinco segundos ao galego Miguel Mera ( MMR). Terceiro acabou Flavio Ortiz ( Efrán Gutierrez). Coa súa segunda praza Mera fíxose en propiedade a camisola da Copa que luciu desde a primeira das tres probas que compoñían a serie.

Polo que respecta á categoría junior o carballés Martin Soutullo partía con marxe suficiente para facerse coa Copa e por iso a súa discreta novena praza en Viveiro non lle impediu proclamarse gañador. Brais Gómez (Ponteareas), Uxio Sanmartin e Ramón Fernández (Cortizo Anova) acapararon o podio junior.

Por último, en categoría cadete feminino a gañadora foi Claudia García ( Altairán) seguida por Aroa Mediavilla (Cambre) e Sara García (Betanzos).

CLASIFICACIÓN


Enlace con la noticia original: Mera en cadetes e Soutullo en junior gañana a Copa Galicia

Mas noticias relacionadas