Boas novas para a pista cuberta de Ourense

Publicado por: F.G. Atletismo

A Xunta de Galicia ben de aprobar a pasada semana un orzamento de 920.000 euros para ampliar a capacidade das bancadas da pista cuberta en Ourense, cuxo aforo chegará deste xeito ata os 1.500 persoas. Esta importante ampliación mellorará enormemente as prestacións do recinto atlético quen  poderá simultanear actividades deportivas con actividades feirais, e que lle permitirá ser escenario de competicións de rango nacional e mesmo internacional.  A consecuencia delo no ano 2019 Ourense será sede da disputa do Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta quen xuntará ós máis importantes especialistas do noso deporte baixo teito.

Ca celebración deste campionato, continuador do nacional Sub20 disputado no pasado mes de marzo, a nosa comunidade sitúase no mapa en canto a organización de probas de alto nivel destas características

O artigo Boas novas para a pista cuberta de Ourense publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Boas novas para a pista cuberta de Ourense

Mas noticias relacionadas