
Publicado por: Ourense Atletismo
Publicáronse no BOP as bases para as bolsas a deportistas do Consello Municipal de Deportes de Ourense.
Poderán beneficiarse das bolsas previstas nestas bases reguladoras os deportistas que reúnan os seguintes requisitos na data da publicación do extracto de convocatoria no BOP:
1. Estar inscrito no padrón municipal de habitantes do Concello de Ourense.
2. Dispoñer da licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega da modalidade deportiva na que se solicita a axuda. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza estatal.
3. Non cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
4. Non estar incurso nas causas de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Manter os anteriores requirimentos cando menos ata a data de pagamento da bolsa.
La entrada BOLSAS DEPORTISTAS EXCELENTES CMD apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: BOLSAS DEPORTISTAS EXCELENTES CMD


