Todos os campións galegos no Saltar na Rúa 2026

Publicado por: S.G.Pontevedra

Este sábado 29 de agosto a Ferrería vivirá unha auténtica exhibición de saltos do atletismo. Como é habitual, 22 atletas farán gozar a todo o público que se quera achegar ás 19:30 horas co salto de lonxitude, o triplo salto e o salto con pértega.

Unha das sorpresas do evento deste ano é Juan Carlos Higuero. O atleta olímpico estará con todos nós narrando todo o que acontece facendo que o público non só vexa o traballo dos atletas, senon que tamén poda entender as distintas disciplinas. Sen dúbida, non podíamos ter mellor mestre de cerimonia para esta edición de aniversario.

Pero o cartel de atletas non queda atrás. Aínda que é algo difícil por estar todos eles no seu merecido período de descanso antes de poñerse en marcha coa pretempada, nesta edición do Saltar na Rúa ocurrirá algo que poucas veces poderemos ver nunhca exhibición destas caracterísitas, pois este sábado estarán na Ferrería TODOS os campións galegos absolutos de cada disciplina.

Así, o público poderá ver ós campións de triplo salto Diego Míguez e Alba Martínez, ós de lonxitude, Unai Loureiro e Nayr Cortegoso e ós mellores de Galicia neste ano na pértega, Lola Bouza e Miguel Carbajales.

Será mañá cando poderemos ver se algún deles bate algún dos récords do evento. No triplo masculino pertence a Alfonso Palomanes, atleta e adestrador do club, con 14’40 metros, e no femenino ten o nome de Alba Cuns, con 12’65, ambos conseguidos no 2020, na edición celebrada na ponte do Burgo por mor da pandemia. No mesmo ano Raúl Cortizo, a quen veremos tamén este ano no evento, conseguiu saltar 7’05 metros na lonxitude, e o récord feminino é compartido dende o ano pasado pola campionísima portuguesa, Ana Rita Silva, que tamén nos acompaña este ano, e por Diaou Diallo, con 5’65 metros. Na pértega, o récord masculino está nas mans de Oriol Almirall, tamén atleta da Gimnástica, con 5’20 metros, dende 2024, e o feminino, con 4 metros, é dunha atleta que repite este ano: Manuela Blanco.

O cartel completo de atletas foise presentando nas redes sociais, sendo o cadro completo:

Pértega Lisa Vosberg
Lola Bouza
Aitor Fernández
Pablo Fernández
Matías Moldes
Manuela Blanco
Miguel Carbajales
Rebeca Fernández
Triplo Salto Sergio Coello
Ana Rita Silva
Lía Loureiro
Tiago Pereira
Alba Martínez
Diego Míguez
Noa Currás
Raúl Cortizo
Lonxitude Sergio Coello
Ana Rita Silva
Andrea Villaverde
Xoel Otero
Juan Piñeiro
Nayr Cortegoso
Lucía Sánchez del Valle
Unai Loureiro

Será un sábado de gozar co atletismo, de aprender, de ver ós millores e, por qué non, de ter ganas de ser como eles e pensar en anotarse ás escolas do club, co prazo xa aberto.

Contamos con todos vós este sábado!


Enlace con la noticia original: Todos os campións galegos no Saltar na Rúa 2026

Mas noticias relacionadas