Publicado por: F.G. Atletismo
Bo autonómico o presenciado esta fin de semana en Expourense durante a disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub20 na que se poideron presenciar destacadas actuacións por parte dos preto de 300 atletas presentes que tomaron parte.
Bos rexistros
Nas probas de velocidade o máis salientable foi a marca lograda por Alicia Barreiro do Ría Ferrol quen rebaixaba a súa MMP en prácticamente un segundo ata deixala en 56.10 que a sitúan nos postos importantes do ranking nacional. A internacional ferrolá, acabaría impoñéndose tanto na proba dos 400 como na dos 200 m.
Os 1.500 m. depararon a boa actuación de Mohamed Kassimi do At. Ferrol logrando un excelente crono de 3:56.79 que lle daban o título autonómico. Sobre a distancia superior dos 3.000 m. tamén foron destacados os 10:04.90 invertidos pola atleta local do Ourense Atletismo Leyla Villar.
Nos saltos formidable concurso o protagonizado polo medallista de bronce nacional de combinadas do ano pasado Xoel Otero do Mazí, quen no foso de triplo voaba ata uns importantes 14.54 m. logrando o segundo posto Roi Rial do At. Santiago con 14.36 e o terceiro Unai Loureiro do Riazor Coruña con 14.29 m. O atleta do Mazí lograba de igual modo o subcampionato nos 60 m.
Nos lanzamentos, o tamén medallista de bronce nacional do ano pasado Fernando Vallines, volvía dar mostras da súa calidade lanzando ata os 15.080 m. que o sitúan segundo no ranking nacional do presente ano.
No resto de actuacións compre salientar as tres medallas logradas pola lucense do LUCUS Antía Pernas quen se facía cos títulos dos 60 m. e da lonxitude sendo segunda na proba dos 200 m. Colleitaban tamén dúas medallas Pilar Rojo do Riazor Coruña, ouro nos 800 m. e bronce nos 3.000 m.; Javier Trillo do Ourense Atletismo, campión galego dos 400 m. e subcampión dos 200 m.; Unai Loureriro do Riazor Coruña, campión galego en lonxitude e bronce no triplo; Martín Vázquez do Lucus campión en 60 valos e bronce nos 60 m.; Arauia Al Bachere do At. Estrada, bronce nos 200 e prata nos 400 m.; Daniela Laya do Riazor Coruña, bronce nos concursos de lonxitude e altura; Diego Martínez do Vila de Cangas, prata en altura e pértega e Guillerme Vicente da A.D.CAR bronce nos 200 m. e no salto de altura.
O artigo Bos resultados no autonómico Sub20 indoor publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Bos resultados no autonómico Sub20 indoor