Campeonatos Gallegos en Expourense

Publicado por: Ourense Atletismo

XVI COPA DE GALICIA DE CLUBS DE PISTA CUBERTA

A Federación Galega de Atletismo organiza a XVI Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta o día 11 de Xaneiro, nas pistas de atletismo de Ourense en Expourense. Poderán intervir un total de 8 clubs, masculinos e femininos, estando convidados de forma directa os catro primeiros clasificados masculinos e femininos, respectivamente, do Campionato de Galicia de Clubs ó aire libre da pasada tempada 2018/19.  Así como os catro clubs, masculinos e femininos, que mellor puntuación obteñan mediante estadillo de marcas. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA antes das 20:00 horas do martes 7 de xaneiro.

Horario  Inscritos

 

III COPA DE GALICIA DE CLUBS MÁSTER EN PISTA CUBERTA.

A F.G.A organiza a III Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta o día 12 de xaneiro, na pista cuberta de Expourense. Poderán intervir un total de 8 clubs, masculinos e femininos, que sairán dos oito clubs, masculinos e femininos, que mellor puntuación obteñan mediante estadillo de marcas. Cada club poderá presentar un so equipo por sexo, e cada atleta poderá participar en dúas probas individuais ou unha proba individual e un relevo. Admítense 3 participacións de atletas estranxeiros en homes emulleres e 3 actuacións de clubs asociados en Homes e 3 en mulleres. Os equipos deben cubrir un mínimo de 10 probas tanto en homes coma en mulleres. O número de cambios que poderá efectuar cada club con respecto á inscrición inicial será de 4 en cada sexo. Os cambios na proba de relevos, sobre as inscricións realizadas previamente non se contabilizarán. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA antes das 20:00 horas do martes 07 de xaneiro.

 

Horario  Inscritos


Enlace con la noticia original: Campeonatos Gallegos en Expourense

Mas noticias relacionadas