Campionato de España de Lanzamentos Longos

Publicado por: F.G. Atletismo

Cinco serán as/os atletas galegas/os que esta fin de semana tomarán parte en Jaén no IX  Campionato de España de inverno de lanzamentos longos .

Na categoría masculina contaremos co veterano capitán da Gimnástica Victor Gallego, que estará no concurso de disco cunha MMT de 52.72. No martelo tamén estarán presentes nesta cita, Nacho Fernández do Playas de Jandia, gañador do pasado galego de lanzamentos longos e na que se achega con 62.54 m. Carlos Revuelta do A.D. Marathon, será o outro dos que tomará parte neste concurso onde ten acreditada unha MMT de  57.31 m.

Na categoría feminina, a Sub18 do A.F. Celta Irene Gómez Costas intentará mellorar ós seus 53.62 m. establecidos esta tempada o pasado día 10 de febreiro o que fan que encabece o ranking nacional da súa categoría.

Xa na xavelina Andrea Gónzalez da Gimnástica estará compitindo por mellorar a súa MMT de 45.66 m. ca mente posta en rebasar a barreira dos 47 m. da que tan só lle separan 7 cm.

Relación de inscritos

O artigo Campionato de España de Lanzamentos Longos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Campionato de España de Lanzamentos Longos

Mas noticias relacionadas