Un día espectacular para Adi

Publicado por: F.G. Atletismo

Espectacular a xornada vivida no día de hoxe polo atletismo galego.

Durante esta xornada de tarde a atleta do LUCUS Caixa Rural Galega Adi Iglesias, accedía á final do Campionato do Mundo na categoría visual T12 onde acabada un sensacional subcampionato cedendo tan só ante a clara favorita e plusmarquista mundial da distancia a cubana Omara Duránd quen gañada a final cun rexistro de 11.66. A lucense entraría na línea de meta a 33 centesímas da atleta caribeña marcando uns formidables 11.99 o que representa a terceira mellor marca galega de todos os tempos tan só superada por Virginia Villar con 11.98 e pola actual récordwoman galega Ana Peleteiro con 11.93.

Si todo esto fora pouco, a unha hora e dez minutos de terse proclamado subcampioa do mundo, a discípula de Adolfo Vila, saltaba novamente o tartán para disputar a súa eliminatoria dos 200 m. onde novamente lograría unha nova “machada” gañando a súa carreira e marcando un tempo oficial de 24.58 que representa un novo récord Absoluto e Sub23, mellorando os 24.64 establecidos pola outra Iglesias, Paula, o pasado 22 de xuño en Lugo.

Para o responsable de velocidade da FGA José Carlos Tuñas este rexistro é un dos acontecementos máis espectaculares dados a nivel de ranking  “ hai que ter en conta que estamos a falar dunha atleta que só ten un 20% de visión e que acaba de facer nada menos que a terceira mellor marca na historia do atletismo galego feminino nos 100 ml. e a segunda nos 200 m. (24.36 de Patricia Carballo en Pista cuberta)” para Tuñas as claves están claras “ é un éxito de planificación do seu adestrador Adolfo Vila quen foi capaz de chegar a este pico de forma despois dunha tempada moi longa e onde lembramos que Adi foi campioa de Galicia absoluta dos 100 m. e dos 200 m. e finalista do campionato de España.”  Outras das claves que apunta o responsable de velocidade non menos importante e  “…a súa enorme capacidade de competición e de superación. É unha formidable competidora que sempre está nos momentos importantes ó cento por cento, e onde estou convencido que na final dos 200 m. todavía poderemos seguir disfrutando de máis sorpresas”.

A final dos 200 m. agarda con sabor a metal no día hoxe martes ás 19.49 horas

O artigo Un día espectacular para Adi publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Un día espectacular para Adi

Mas noticias relacionadas