CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS EN AIRE LIBRE (sábado 27 abril, Ferrol)

Publicado por: Lucus Atletismo

No día de hoxe disputarase na localidade coruñesa de Ferrol o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS, unha das competicións en pista máis relevantes para a tempada de aire libre onde os mellores equipos autonómicos loitan polo título galego, poñendo a punto as súas figuras destacadas en cada unha das numerosas especialidades atléticas.

Esta nova edición dará comezo a partir das 15:00 horas nas Pistas de Atletismo A Malata, nunha xornada única de tarde que chegará ao seu fin arredor das 20h coas emocionantes probas de relevos femininos e masculinos. Máis de corenta atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA desprazaranse ata as pistas ferrolás para disputar este Campionato e loitar por manterse nos primeiros postos, como sucedía hai anos cos equipos masculino e feminino. Nos enlaces posteriores podedes consultar as participacións coas que contará o Club en cada proba deportiva, así como demais información de interese e o seguimento dos resultados en directo!

Regulamento
Horario definitivo
Resultados en directo desde aquí!

EQUIPO FEMININO

EQUIPO MASCULINO

O desprazamento será en autobús desde as pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera ás 13:00 horas para todas e todos os atletas do Club e voltarase ao remate da última proba, arredor das 22 horas en Lugo (hora orientativa). Lembrade levar o documento de identidade ou licenza deportiva e a equipación de competir.

XA SABEDES, A DAR O VOSO MELLOR!!

Enlace con la noticia original: CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS EN AIRE LIBRE (sábado 27 abril, Ferrol)

Mas noticias relacionadas