CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 PC (sábado 10 marzo, Ourense)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciacadete_100318.jpg
  
Este sábado 10 de marzo, disputarase en xornada de tarde o CAMPIONATO DE GALICIA DE PISTA CUBERTA para a categoría sub16 (cadete), na localidade de Ourense. Serán seis os/as atletas que vestirán as cores do Lucus Caixa Rural Galega e tratarán de mellorar as súas marcas nesta cita galega. Segue lendo para saber máis!
Na categoría masculina, será Diego Piñeiro Lage o que dispute as probas de 60m.v. e triplo salto, mentres que na feminina repartiranse entre as distintas modalidades cinco das nosas atletas. Nas probas de velocidade, Brenda Lence Iglesias participará nos 60m.l., xunto con Iria Brea Castro-Gil e Natalia Barrio Hermida; estas últimas repetirán tamén nas probas de 300m.l. e 60m.v., respectivamente. No fondo, será Mercedes Vila Veiga a representante nos 3.000m.l. e xa nos saltos, Carla Mourelle Teijeiro competirá nas probas de lonxitude e triplo salto, como favorita no ránking de ambas as dúas.

As primeiras probas darán comezo ás 16:00 horas da tarde, rematando o Campionato ás últimas horas da xornada, como podedes consultar no HORARIO DEFINITIVO ou directamente na imaxe posterior, xunto co seguemento dos RESULTADOS en directo
 
resultadosbotn.png
 
ctogaliciacadete_100318_horario.png
 
Moito éxito!!
 

Enlace con la noticia original: CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 PC (sábado 10 marzo, Ourense)

Mas noticias relacionadas