CAMPIONATO GALEGO Campo a través (sábado 17 febreiro 2018, A Pobra do Caramiñal)

Publicado por: Lucus Atletismo

campoatravs_campionatogalego.png
 
Este sábado 17 de febreiro disputarase o CAMPIONATO GALEGO de Campo a través no Circuíto Praia de Cabío da Pobra do Caramiñal, onde se darán cita os equipos clasificados logo das fases provinciais, recollendo aos mellores do conxunto de clubs. Nesta ocasión, acudirán en representación do Lucus Caixa Rural Galega as categorías alevín e infantil feminina, coñecede os horarios e o circuíto!
CIRCUÍTO
ctogalegocross_170218_circuito.png


ctogalegocross_170218_circuito2.png

PERCORRIDOS E DISTANCIAS
ctogalegocross_170218.png

Lembramos os seguintes aspectos importantes de cara á viaxe e á competición:

  • O autobús sairá ás 7:30h diante do IES Lucus Augusti (antigo Instituto Masculino) e a volta será ao remate do Campionato no mesmo lugar. Deberase acudir, polo menos, 10 minutos antes da hora de saída do autobús, para facer reconto e xestionar as prazas dispoñibles. PRÉGASE PUNTUALIDADE.

  • En caso de non acudir, o mesmo día pola mañá informar o antes posible aos monitores/as dos atletas desta situación, así como en caso de viaxar en autobús soamente á ida ou á volta; para evitar imprevistos.

  • Traer imperdibles para a suxeición firme dos dorsais que proporcionará a organización.

  • Vestir a equipación do club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento de carácter obrigatorio (camiseta ou sudadeira).

  • Desfrutar da xornada vivindo a carreira con competitividade e, máis importante aínda, con moita diversión e desfrutando desta xornada única.
  
 Vémonos!!
 

Enlace con la noticia original: CAMPIONATO GALEGO Campo a través (sábado 17 febreiro 2018, A Pobra do Caramiñal)

Mas noticias relacionadas