A San Silvestre de Pontevedra é unha gran festa deportiva

Publicado por: S.G.Pontevedra

O 31 de decembro, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra converte a cidade do Lérez nunha gran festa deportiva grazas a San Silvestre. Milleiros de cidadáns cálzanse as zapatillas para saír a mover o esqueleto durante aproximadamente 4km. Este ano, é aínda máis unha San Silvestre deportiva.

Dende a entidade organizadora enviamos unha mensaxe aos clubs deportivos afincados no Concello de Pontevedra para que realizaran una inscrición previa á San Silvestre. A idea era potenciar, entre todos, un deporte san na nosa cidade.

Xa obtivemos as primeiras respostas cun total de 308 inscritos. Estes pertencen ás seguintes organizacións:

  • 73 do Club Natación Galaico.
  • 107 do Club Amigos do Baloncesto de Pontevedra.
  • 11 do Tenis de Mesa de Monteporreiro.
  • 96 da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra
  • 21 da Escola de Fútbol Porteiro 2000

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra tamén é consciente de que moitos dos e das deportistas pontevedreses seguro que se inscriben máis adiante, sen facelo a través do club. Ano tras ano, unha meirande parte dos participantes da San Silvestre sempre pertencen a entidades deportivas.

Iso si, nós agradecemos a estes cinco clubs a súa participación e a súa unidade de cara esta San Silvestre 2022.

Lembramos tamén que a San Silvestre pódese realizar en patíns ou en cadeira de rodas, non só a pé. Se participas nalgún destes modos, hai que cubrir as norma á hora da saída:

  1. Corredores/as pedestres
  2. Deportistas menores de idade
  3. Deportistas con mobilidade reducida (carriños de nenos, cadeiras de rodas….)
  4. Patinadores/as

La entrada A San Silvestre de Pontevedra é unha gran festa deportiva aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: A San Silvestre de Pontevedra é unha gran festa deportiva

Mas noticias relacionadas