Iria Fernández e Rubén Diz dominaron o galego dos 10 km.

Publicado por: F.G. Atletismo

O atleta galego campión do mundo máster en Málaga o ano pasado e limiao de orixe, Rubén Diz (Ourense Atletismo) cun rexistro de 32:32 e Iria Fernández (ADAS Proinor) con 39.26, proclamaríanse campións galegos absolutos do Campionato de Galicia de 10 km. ruta que no día de hoxe acollería o concello ourensán de Xinzo de Limia. Xunto eles estarían no podio galego José Canda  (A. Arenteiro) e Javier Paredes (Burgas Ourense) na categoría masculina e Sonia Teijeiro e Victorina Losada, ambas do Burgas Ourense, na categoría feminina respectivamente.

Cun día fantástico para a celebración desta proba arrincaría as 10.40 horas o campionato que se disputaría conxuntamente ca Carreira Popular Xinzo de Limia.

Os gañadores no resto de categorías serían os seguintes:

  • Sub20. Paula María Castro-Gil (Lucus CRG) e Diego Barros (Comesaña S.C.)
  • Sub23. Aida Martínez (A. Porriño) e Alvaro Suárez (Co.do Miño)
  • Senior. Begoña Domínguez (A. Arenteiro) e Antonio Teijido (Verxel N.)
  • Máster35. Iria Fernández ADAS Proinor e José Canda (A.Arenteiro)
  • Máster40. Ana Belén Hermida (Mochila) e Rubén Diz (Ourense Atletismo)
  • Máster45. Sonia Teijeiro (Burgas A.) e José Carlos Ferreira (CAR Marisqueiro)
  • Máster50. Sole Castro (Comesaña S.C.) José Manuel Fernández (ADAS Proinor)
  • Máster55. Mar Barcón (Mochila) e Saturnino González (Ourense A.)
  • Máster60. María Elisa Paz (Egovarros V.) e Antonio Fraga (A.Milladoiro)
  • Máster65. Mª Pilar Marquiz (A. Sada) e Domingo Alvarez (Egovarros V.)

O artigo Iria Fernández e Rubén Diz dominaron o galego dos 10 km. publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Iria Fernández e Rubén Diz dominaron o galego dos 10 km.

Mas noticias relacionadas