CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN PISTA CUBERTA (categorías máster e sub20)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctosespaapc_2-3-40318.jpg
 
Nova fin de semana de campionatos en pista cuberta, nesta ocasión os CAMPIONATOS DE ESPAÑA para as categorías máster e sub20 (xunior), que terán lugar nas provincias de Salamanca e Ourense, respectivamente. Ata alí desprazaranse diversos atletas do club para representar ao Lucus Caixa Rural Galega, segue lendo para saber máis información!
Como xa puidestes ler na imaxe que encabeza esta nova, os días 2, 3 e 4 de marzo disputarase o Campionato de España PC para a categoría máster, sendo tres os/as atletas veteráns que acudirán por parte do Lucus á pista cuberta «Carlos Gil Pérez» de Salamanca. Na categoría feminina, Ros Sureda González será a encargada de loitar por conseguir o triplete nas probas de 200m.l., altura e salto de lonxitude; mentres que na masculina loitarán Juan Antonio Gude Vila e Xabier Díaz Fernández nos 3.000m.l. Podedes acceder ao REGULAMENTO e HORARIO desde aquí, así como seguir os RESULTADOS en directo premendo na imaxe posterior.

resultadosbotn.png

 

 
En canto ao sábado e domingo, 3 e 4 de marzo, será a categoría sub20 (xunior) a que debutará na pista cuberta Expourense, que acolle por primeira vez en Galicia un Campionato en PC a nivel nacional. Neste Campionato de España PC para a categoría sub20 participarán dous dos nosos atletas do club; Adiaratou Camara representando á categoría feminina nos 60m.l. e Santiago Rozas Trastoy na proba de 60m.v. masculina. Aquí vos deixamos o REGULAMENTO e HORARIO MODIFICADO, ademais do enlace para seguir os RESULTADOS en directo desde a imaxe inferior.
 
resultadosbotn.png

 

MOITO ÉXITO A TODOS/AS, VÓS PODEDES!!


Enlace con la noticia original: CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN PISTA CUBERTA (categorías máster e sub20)

Mas noticias relacionadas