Cando as fronteiras abríronse en Galicia

Publicado por: F.G. Atletismo

A historia das competicións atléticas documentadas na nosa comunidade remóntanse ao 1913. Nese ano, tense constancia do desenvolvemento dunha proba atlética no Campo vigués de Coia, cuxo escenario sería novamente dous anos despois, sede  dos denominados por aquela época ¨Xogos Olímpicos¨.

Desde entón, un bo número de probas de todos os rangos, categorías e modalidades se viñeron desenvolvendo ao longo e ancho da nosa comunidade, destacando entre as mesmas os campionatos oficiais internacionais que nas modalidades de pista, ruta e campo a través colocarían a Galicia no mapa mundial.

Unha das máis renombradas foi a que tivo lugar na cidade da Coruña no ano 1964 durante a transcurso dos Campionatos Mundiais Militares que chegaron a congregar a máis de quince países e máis de 40.000 espectadores nas bancadas, converténdose en todo un gran acontecemento social e deportivo. Neste certame cabe salientar o triunfo do galego Javier Alvarez Salgado quen se proclamaba ganador mundial na proba dos 3000 m.

A mesma cidade acollía lustros despois dous importantísimos campionatos aproveitando a infraestructura do Gran Premio Cantones dos anos 1996 e 2006 para o desenvolvemento da Copa de Europa e Copa do Mundo respectivamente. En concreto o 20 de abril de 1996 instaurabase a primeira Copa continental con triunfo no colectivo  para o combinado hispano, sendo dez anos máis tarde cando se celebraba a Copa do mundo con novo triunfo para España. Daquela última copa quedará para os anais da historia deportiva, a excelente organización e o marabilloso duelo protagonizado polo ecuatoriano Jefersson Pérez e Paquillo Fernández na proba dos 20 km. con triunfo final para o granadino.

As pistas viguesas de Balaidos tamén daban acollida no ano 1991 á primeira edición do Campionato Ibérico, exercendo á perfección a función de ponte entre o atletismo luso e o hispano que novamente, e xa ca denominación de Trofeo Ibérico, tería a súa continuidade nas pistas pontevedresas do CGTD no ano 2011.

Si todo esto ocurría na pista, a modalidade do campo a través foi outra das presentes na nosa terra a nivel internacional. Foi en concreto o Monte do Gozo de Santiago o lugar escollido no ano 2002 para a disputa do Campionato do Mundo Universitario de Campo a través ca participación de máis de vintedous países. Por equipos, España lograba o triunfo na categoría masculina, ca actuación do lucense Alberto Alvarez, sendo subcampión o equipo femenino. Sen abandonar a capital de Galicia, no ano 1984 producíase nas pistas universitarias o debut da Selección Galega nun encontro internacional cuxa principal atracción era a presenza da Selección finlandesa que sería derrotada xunto á portuguesa e a galega, pola Selección Española.

Por último o sector dos lanzamentos, cunha importantísima pegada na nosa comunidade, contou con dous encontros internacionais que enfrontaron ás seleccións de España e Portugal nos anos 1999 na Coruña e no ano 2001 en Ourense.

A maiores foron varias as ocasións que a Selección Española escolleu terras galegas para medir forzas contra as principais seleccións europeas do momento. Entre esa lista destacan as edicións dos anos 1962,1967,1968,1983 desenvoltas en Riazor e as dos anos 1982 e 1983 levadas a cabo en Balaidos.

   

O artigo Cando as fronteiras abríronse en Galicia publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cando as fronteiras abríronse en Galicia

Mas noticias relacionadas