Catro galegos e galegas no Campionato de Europa de campo a través

Publicado por: F.G. Atletismo

A Real Federación Española de Atletismo acaba de facer pública a selección que acudirá ó Campionato de Europa de campo a través que se desenvolverá na localidade dos Paises Baixos de Tilburg o vindeiro día 9 de Diciembre de 2018.

Na relación composta por un total de corenta atletas integrantes dos sete equipos que compitirán sobre circuito europeo, se atopan tres galegos e galegas.

Na categoría de Relevo Mixto está seleccionada un ano máis a mundialista e campioa Iberoamericana dos 1.500 m. deste ano, Solange Pereira quen intentará repetir ó podio por equipos como xa fixera o ano pasado na localidade eslovaca de Samorin onde acadaría o bronce. Xunto a de Cangas estarán nesta categoría os atletas, Saúl Ordóñez, Esther Guerreo e Víctor Rúiz.

Na categoría Sub20 Carmella Cardama abandonará momentaneamente a súa estancia nos EE.UU para tomar formar parte do equipo Sub23 que intentará mellorar o quinto lugar conseguido no europeo do ano pasado e na que lembramos, a viguesa ocuparía o posto dazaoito da xeral. O resto do combinado que competirá na categoría Sub20 está formado por Celia Antón, Paula González, Claudia Estévez, Lucía Alvarez e Idaira Prieto.

Por último, os outros dos galegos convocados serán Adrián Ben e Tariku Novales. O lucense quen lidera o equipo Sub23 intentará desquitarse da súa ausencia do ano pasado por unha inoportuna apendicite. Todo parece indicar que o medallista nos 1.500 n. do europeo de Grosseto, se achega nun excelente estado de forma no que haberá que agardar do que é capaz de facer sobre a lama da cidade flamenca.

Tariku Novales da mesma maneira, acude a este escenario ca difícil misión de defender o excelente título continental por equipos colleitado o ano pasado. O subcampión europeo en Grosseto dos 5.000 m. formará tandem con Adrián Ben na categoría Sub23 e na que xunto os galegos estarán Ignacio Fontes, Amin Houkmi, Andrés Jiménez e Pablo Sánchez

A nivel de seleccións, España intentará mellorar o quinto posto no medalleiro da edición pasada na que voltaría cun total de cinco medallas

Selección Española

O artigo Catro galegos e galegas no Campionato de Europa de campo a través publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Catro galegos e galegas no Campionato de Europa de campo a través

Mas noticias relacionadas