Publicado por: S.G.Pontevedra
O próximo 1 de outubro comeza o terceiro prazo de inscricións. Esto supón que aumentará o prezo para anotarse. Ata agora, a distancia do medio maratón custa 21 euros e a dos 10k, 10 euros. A partir do mércores, o prezo chegará ata os 30 euros na distancia longa e ata os 15€ na curta.
Na categoría de menores, o prezo mantense sempre en 1€.
Ata o 30 de setembro tamén está vixente a promoción de inscrición de balde. Isto consíguese ao realizar unha compra igual ou superior a 125€ na Tenda Miler Vintage Running Club, na rúa Peregrina, nº6 soto.
Este terceiro prazo chega cun bo ritmo de inscricións. De feito, no medio maratón xa se superan as 900 persoas anotadas e nos 10k, os 400. Lembramos que hai prazas limitadas e quedan preto de 200 en ambas distancias.
Por segundo ano consecutivo, ofrécese un servizo de autobuses cun custo irrisorio de 3€. Haberá dous autocares, un que percorrera A Coruña e Santiago e outro que irá polas cidades de Ourense e Vigo. Un servizo que so se pode solicitar ata que finalice este segundo prazo de inscricións.
O Gran Fondo Caixabank celebrarase o próximo domingo, 19 de outubro na cidade de Pontevedra. O percorrido é homologado e conta cun gran final nas pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra. Tamén percorre diversos lugares emblemáticos da cidade do Lérez.
Enlace con la noticia original: Quedan dous días para o cambio de custo do Gran Fondo Caixabank de Pontevedra