Mellor Xuíz e Mellor Xuíz Novel RFEA 2021

Publicado por: F.G. Atletismo

O Comité Nacional de Xuíces ven de concede dous premios a xuíces galegos.

Estefanía Acuña García foi elixida como Mellor Xuíz Novel RFEA do ano 2021. Estefanía é xuíza nivel 1 da delegación de Pontevedra, e tamén delegada de xuíces de Pontevedra e vocal da Xunta Directiva do CGX.
Manuel Garrido Toro foi elixido como Mellor Xuíz RFEA do ano 2021. Manuel é xuíz nivel 3 da delegación de Ourense, e tamén delegado de xuíces de Ourense, vocal da Xunta Directiva do CGX e membro da Comisión de Saídas do CNJ.

A entrega dos galardóns será na vindeira Gala do Atletismo RFEA a celebrar no ano 2022.

Noraboa a ambos premiados.

O artigo Mellor Xuíz e Mellor Xuíz Novel RFEA 2021 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Mellor Xuíz e Mellor Xuíz Novel RFEA 2021

Mas noticias relacionadas