Cinco medallas para as/os Sub18 en Castellón

Publicado por: F.G. Atletismo

Cinco medallas, das cales dous serían de ouro, unha prata e dous bronces, sería o balance para as/os atletas galegos/as quenes tomaron parte esta fin de semana no Campionato de España Sub 18  que se desenvolveu en Castellón.

Para comezar, serían  os concursos de lanzamentos os que depararían maiores alegrías da man de Antía Sestelo do Ria Ferrol, quen lanzando no seu primeiro lanzamento ata os 45.68 m. deixaría claro a súa superioridade ó quitarlle preto de dous metros a segunda clasificada. Nesta mesma proba fantástica medalla de bronce da lanzadora de A Silva de Cerceda María Pena, quen chegaría ata os 43.96 m. no seu terceiro intento. No martelo Irene Gómez faría valer o seu fantástico nivel para impoñerse con autoridade nunha proba que domiña de maneira moi destacada . O seu lanzamento de 62.37 m. certifica a súa medalla de ouro.

Outro dos metáis viría dun sector que está cada vez dando máis satisfacións ó noso atletismo xa que nos 100 m. Erik Fernández do R.C. Celta con 10.90 lograría o subcampionato nacional a nove milésimas do título. Os valos longos darían un novo bronce para os galegos da man do tamén céltico Chinweike David Ngwudile quen subiría ó podio logo de cruzar a línea de meta en 54.88.

Xa nos relevos, quinto lugar para o equipo da A.Lucense e infortunio para o Celta quen quedaría descalificado nunha proba na que contaban con serías posibilidades.

No resto de actuacións salientamos os postos de finalistas de:

 4º Raul Cortizo da Gimnástica en altura con 2.02 m.; 5º Erick Seijo do R.C. Celta en martelo con 56.18 m.; 5º Jorge Román Leiros do R.C Celta nos 400 m. con 49.16; 5ª Irene Barreino do Ría Ferrol nos 800 m. con 2:13.28; 5ª Paula Piñón do A.F. Celta en disco con 37.25 m.;  5ª Belén García do ADAS Proinor nos 400 v. con 1:02.99; 5º Hugo Martínez da A.Lucense nos 5.000 marcha con 49:21.01; 7º Miguel Angel Granado (e) do R.C. Celta en peso con 14.55 m.; 7º Hugo García do R.C.Celta nos 3.000 m. con 8:42.31; 8ª Adriana Reguera do ADAS Proinor en martelo con 49.60 mm.; 8ª Nerea Iglesias do A. Fontes do Sar nos 100 m. con 12.41; 8º Jacobo de Iglesia da A. Lucense nos 200 m. con 22.70; 8ª Paula de Torre da Gimnástica nos 1.500 m. con 4:44.59; 8º Said Abdoun do Ourense Atletismo nos 1.500 m. con 4:15.06.

Resultados

O artigo Cinco medallas para as/os Sub18 en Castellón publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cinco medallas para as/os Sub18 en Castellón

Mas noticias relacionadas