Cita mundialista para Meaños e Chamosa

Publicado por: F.G. Atletismo

Dará comezo do 10 ó 15 de xullo na localidade finlandesa de Tampere o Campionato do Mundo Sub20 á que acuden as atletas galegas Raquel Meaños e Antía Chamosa

Raquel Meaños quen acude cunha mellor marca de 2:07.05, tomará parte na segunda serie clasificatoria dos 800 m. o martes día 10 as 11.08 horas na que parte ca trixésima primeira marca das participantes. A súa principal misión será acumular experiencia internacional e intentar baixar da barreira dos 2:07

Pola súa banda a discípula de José Antonio Pardal (quen acude tamén en calidade de técnico a este campionato) tomará parte na proba dos 10 km. marcha que se desenvolverá o 14 de xullo. A priori e igual que Meaños, un dos principais obxectivos será o de intentar rebaixar a súa MMP de 47.51 nunha proba na que o tempo entre outros factores será determinante.

Páxina Web

Retransmisión

O artigo Cita mundialista para Meaños e Chamosa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cita mundialista para Meaños e Chamosa

Mas noticias relacionadas