Joma e Pescados Rubén renovan o seu acordo ata 2020 para vestir os seús equipos

Joma e Pescados Rubén Burela FS asinaron a renovación do seu acordo de patrocinio, polo que a marca española vestirá a toda a estrutura do club laranxa as dúas próximas tempadas, ata 2020, tanto en Primeira División RFEF coma Segunda LNFS, así como os máis de 160 nenos/as que compoñen a base.

O presidente da entidade burelista, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, recibiron hai uns días na sede do club o responsable da área de fútbol sala no departamento de Mercadotecnia da empresa deportiva, Óscar Jiménez, para formalizar oficialmente a continuidade dunha relación que comezou na tempada 2011-12.

No mes de agosto, os equipos sénior poderán dar a coñecer a indumentaria que lucirá a estrutura laranxa en 2018-19.

Mas noticias relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *