
Publicado por: Ourense Atletismo
A cita máis importante para as categorías menores, farase o vindeiro día 3 de febreiro. Disputarase a fase Provincial Campo a Traves do programa da Xunta -“Xogade”. Clasificaranse para desputar a Fase Galega,OS DOUS MELLORES EQUIPOS das categorías Alevín, Infantil e Cadete, non podendo haber dous equipos da mesma entidade. Ademáis, clasificaranse os OITO PRIMEIROS/AS ATLETAS de cada categoría, sempre e cando non sexan dalgún dos equipos xa clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado. Na clasificación por EQUIPOS, farase sumando os puntos obtidos polos catro (3 en Cadete) corredores mellor clasificados, resultando vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos.

A Delegación da F.G.A en Lugo organiza o II Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno para as categorías sub16 e sub18, que terá lugar no Estadio Pérez Rivera o vindeiro sábado día 3. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 30 de xaneiro.
A Delegación Lucense de atletismo co patrocinio da Deputación de Lugo,organiza a 3ª Xornada da Copa Deputación de Lugo en pista cuberta,o sábado 3 de febreiro, en xornada de mañá e tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera. As probas son para as categorías de cadete a veteráns. As inscripcións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 22:00 horas do martes.
A Federación Galega de Atletismo a través da su delegación en Pontevedra organiza o III Campionato de Galicia de Pentatlón de Lanzamentos Máster, que terá lugar en Pontevedra o vindeiro domingo día 4.
Outra das citas dos atletas na nosa provincia será en Ribadavia (Ourense) o domingo día 4 nas probas que a Federación Galega de Atletismo organiza.- LXXXIII Campionato de Galicia Absoluto Homes.
- LI Campionato de Galicia Absoluto Mulleres.
- LI Campionato de Galicia Sub23 Homes.
- XXXVI Campionato de Galicia Sub23 Mulleres.
- LI Campionato de Galicia Sub20 Homes.
- XXXVII Campionato de Galicia Sub20 Mulleres.
Enlace con la noticia original: Citas Atléticas da Próxima Semana.

