COMEZO OFICIAL DA TEMPADA 2020!!

Publicado por: Lucus Atletismo

Aínda que os adestramentos comezasen en setembro para todas e todos os membros do Club, xa podemos dar a benvida oficial a esta nova TEMPADA 2020, que nesta ocasión abarcará desde xaneiro ata decembro e reunirá as mellores competicións autonómicas e nacionais das distintas modalidades atléticas.

Desde o Lucus Caixa Rural Galega querémosvos agradecer a vosa confianza unha tempada máis, dar a benvida ás novas incorporacións e destacar os éxitos deportivos que logrades defendendo con orgullo as cores deste gran equipo e familia. Desexámosvos un ano cheo de logros, co esforzo e constancia que amosades día a día na pista de atletismo e que sigades perseguindo os vosos obxectivos, contando con todo o noso apoio e recursos.

FELIZ ANO E FELIZ TEMPADA!

Enlace con la noticia original: COMEZO OFICIAL DA TEMPADA 2020!!

Mas noticias relacionadas