Seguros e protocolos de actuación no caso de accidente deportivo para a temporada 2020

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Con motivo do comezo da nova temporada, informamos das novas pólizas e protocolos de actuación dos seguros de accidentes que darán cobertura aos federados durante o 2020.

Os dous números de teléfono de urxencias figurán no reverso da licenza

– Seguro de accidentes de menores de 6 anos e maiores de 16 anos.

A cobertura ofrecera a compañía Itegra (nova). O accidente deberá ser comunicado nun prazo máximo de 7 días a ITEGRA www.itegra.es e pódense utilizar dúas vías de comunicación:

1. O federado pode darse de alta por si mesmo.

2. Pode utilizar o servizo de Atención ao Cliente de ITEGRA: 646897967 24h de lunes a domingo. 

– Seguro de Xogade (de 6 a 16 anos).

É  o mesmo que no 2019. A vía máis recomendable é cubrir a comunicación de accidente en https://partsport.mgc.es/ e agardar a que nos chamen para indicarnos a que centro debemos acudir (tamén poden cubrilo telefonicamente no 619 818 737 ou no 902 888 989).

– Compañía de seguros de RC

Zúrich con nº de póliza 101708956, volve ser a compañía que dará a cobertura de responsabilidade civil aos federados nesta temporda.

Para máis información, poden consultar en Accidente Deportivo da nosa web


Enlace con la noticia original: Seguros e protocolos de actuación no caso de accidente deportivo para a temporada 2020

Mas noticias relacionadas