COMPETICIÓNS ESCOLARES FIN DE SEMANA (18 e 19 xaneiro, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

Fin de semana completo o que terán os/as atletas da nosa Escola de Atletismo, no que poderán disputar probas de pista cuberta, aire libre e campo a través nas mañás do sábado 18 de xaneiro e o domingo 19, ambos na capital lucense.

Mañá sábado será a partir das 10:15 horas nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, coa I XORNADA DA COPA DEPUTACIÓN DE LUGO para as categorías de SUB10 a SUB14. Deixámosvos o horario definitivo logo das modificacións e diversos enlaces de interese onde podedes consultar as probas que fará cada atleta, o regulamento e os resultados en directo, tanto de pista cuberta cos distintos concursos como de aire libre, coas carreiras de 500 metros lisos.

HORARIO DEFINITIVO

Pista cuberta (concursos)

Aire libre (500 m. l.)

 

O domingo será a quenda para a especialidade de cross, coa fase CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS – XOGADE que se disputará no Pazo de Feiras e Exposicións, tamén en Lugo. Será a partir das 11:00 horas e poderán tomar parte as categorías desde SUB10 ata SUB16, nunha xornada previa aos Campionatos Provincial e Galego. Deixámosvos o circuíto e os horarios das carreiras a continuación e lembrade que, nesta segunda fase, haberá clasificación individual e por equipos, con asistencia obrigatoria á recollida de medallas.

CIRCUÍTO

Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.

 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:00 SUB10/BENX FEM 600m A-D-F-B-C
11:05 MASC
11:15 SUB12/ALEV FEM 1.000m A-D-E-F-G-B-C
11:30 MASC 1.200m (A-B-C)-(A-D-E-F-B)
11:45 SUB14/INF FEM
12:00 MASC 1.600m (A-D-F-B-C)-(A-D-E-F-G-B-C)
12:15 SUB16/CAD FEM
12:30 MASC 3.500m (A-D-E-F-B)-3(A-D-E-F-G-B-C)

 

LEMBRADE !

  • Acudir, como mínimo, 50 minutos antes da hora da túa proba, cun documento que acredite a túa identidade.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal, ademais das zapatillas de cravos (se as tes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir da Escola ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria (camiseta e suadoiro).
  • Disfrutar da fin de semana co equipo e divertirse!

 

AGARDÁMOSVOS A TODAS E TODOS, NON FALTEDES!

Enlace con la noticia original: COMPETICIÓNS ESCOLARES FIN DE SEMANA (18 e 19 xaneiro, Lugo)

Mas noticias relacionadas