A Rúa epicentro do Cross

Publicado por: Ourense Atletismo

XXIV Memorial “Alejandro Lorenzo” – Campionato de Galicia de Campo a Través de Menores

A Federación Galega de Atletismo organiza o XXIII Memorial Alejandro Lorenzo–Campionato de Galicia de Categorías Menores de Campo a Través o domingo 26 de xaneiro en A Rúa.

O Memorial está destinado ás seguintes categorías: Sub10 (2011-2012), Sub12 (2009-2010) e Sub14(2007-2008) homes e mulleres. Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías, tanto en homes como mulleres. Para a clasificación por equipos terase en conta os/as seis primeiros atletas que cheguen á meta e sumaranse os postos dos/as catro primeiros/as. Cada club só poderá formar un equipo por cada categoría e sexo.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da R.F.E.A.  ata as 20:00 horas do martes 21 de Xaneiro

 

Reglamento Inscritos

 

XLVIII Campionato de Galicia Sub18 H – XXXX Sub18 M – XIV Sub16 de Campo a Través Individual e Clubs

A Federación Galega de Atletismo organizao XV Campionato de Galicia sub16 e XLVIII Campionato de Galicia Sub18 Masculino e XXX Sub 18 Femenino individual e por equipos de campo a través o domingo 26 de xaneiro do 2020 en A Rúa.

O Campionato disputarase na categoría Sub16(anos 2005-2006) e Sub18 (anos 2003-2004) homes e mulleres.

Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías. Para a clasificación por equipos teranse en conta os/as seis primeiros/as atletas que cheguen á meta e sumaranse os postos dos/as catro primeiros/as. Cada club terá dereito a formar un só equipo por cada categoría e sexo.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da R.F.E.A., como data límite o martes 21 de Xaneiro ás 20:00 horas.

A orde de colocación dos respectivos equipos na saída establecerase por sorteo.

Reglamento  Inscritos

 

II Campionato de Galicia de Campo a Través por Relevos Mixto

A Federación Galega de Atletismo organizara o vindeiro domingo día 26 de xaneiro o II Campionato de Galicia de Campo a Través Mixto por relevos a celebrar en A Rúa. O relevo mixto compoñerase de 2 homes e 2 mulleres; atletas Sub20 ou superiores, máximo 1 atleta estranxeiro, máximo 1 atleta do club filial. A orde de participación será muller, home, muller e home. Cada corredor/a dará unha volta (aproximadamente 1.500m) ata completar o equipo un total 4 voltas.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da R.F.E.A, como data límite o martes 21de xaneiro ás 20:00horas.

Reglamento Inscritos


Enlace con la noticia original: A Rúa epicentro do Cross

Mas noticias relacionadas