A canteira dos clubs galegos cítanse en Pontevedra

Publicado por: F.G. Atletismo

Continuamos ca axenda competitiva nesta fin de semana e facémolo novamente nas pistas do CGTD de Pontevedra donde poderemos presenciar o sábado a dobre xornada o Campionato de Galicia de clubs para as categorías Sub16 e Sub20.

Neste interesante campionato, que conta ca colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedera, tomarán parte un total de 32 equipos clasificados previamente por estadillo en representación das oito delegacións da FGA a través de un ou varios equipos participantes. De igual modo a práctica totalidade dos mellores especialistas Sub20 e Sub16 galegas e galegos, estarán tomando parte este sábado sobre o sintético pontevedrés.

As canteiras dos clubs galegos compiten entre si

A importante aposta que se está facendo pola promoción e a canteira nos distintos clubs comeza a dar os seus froitos. Unha proba delo, son as numerosas entidades que mandaron estadillos para poder estar presentes nesta importante cita e que finalmente non lograrían estar entre ese Top-8 que daba acceso a este campionato.

Destacan a presenza dos equipos da Atlética Lucense, Sociedad Gimnástica de Pontevedra e  Atletismo Ourense, quenes toman parte nas catro categorías en competición. De igual modo na Sub20, o Atletismo Femenino Celta defende o último título logrado en Ferrol na edición do ano 2019 (o ano pasado non se celebraría) así como o Atletismo Santiago, quen fará o propio na categoría masculina.

Na categoría Sub16 é o Real Club Celta en homes e Ourense Atletismo en mulleres, quenes fagan o propio nesta campionato que poderá ser seguido en directo a traves da canle yoube da Federación Galega de Atletismo.

   

O artigo A canteira dos clubs galegos cítanse en Pontevedra publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A canteira dos clubs galegos cítanse en Pontevedra

Mas noticias relacionadas