Concentración de Nadal do sector de marcha

Publicado por: F.G. Atletismo

Dende ós días 2 ó 5 deste mes estase a desenvolver unha concentración do sector de marcha na cidade de Pontevedra, incluida dentro do Plan Estratéxico Galego de Tecnificación Atlética 2018/2019

O responsable do sector de Marcha, Carlos Morales convocaría a un total de 20 atletas para estas xornadas na que destacaría entre outros aspectos “ a diversidade xeográfica dos marchadores que proceden de quince clubs distintos” . A maiores quixo por en valor o feito de ” a enorme motivación dos axistente xa que para a maioría esta é a súa primeira convocatoría

As xornadas de adestramento e distintos test, virían acompañadas de actividades como a charla que impartiría a marchadora internacional Carmen Escariz quen quixo estar nesta concentración antes de emprender a súa viaxe de volta a Irlanda, onde se atopa de Erasmus.

Xunto ó responsable de marcha, estarían colaborando entre outros os técnicos Javier Vázquez, Maika Jueguen e Adolfo Fernández

O artigo Concentración de Nadal do sector de marcha publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Concentración de Nadal do sector de marcha

Mas noticias relacionadas