Copa Máster para Narón e Samertolameu

Publicado por: F.G. Atletismo

O Atletismo Narón na categoría masculina e o Samertolameu na categoría femenina, serían os domiñadores no día de onte da II Copa de Clubs de Máster que terían as pistas de Bastiagueiro por sede.

Nun encontro no que predominaría un fantástico ambente de competición e deportividade estarían no podio xunto as gañadores femininas o Club Atletismo Sada e a Atlética A Silva, sendo o Atletismo Narón e La Mochila del Deporte quenes completarían a clasificación.

Por parte dos homes o subcampionato iría parar para os moañenses do Samertolameu sendo o Marineda quen ocuparía o terceiro lugar do caixón. Atlética A Silva, Atletismo Sada e Beade pecharían esta categoría.

A nivel de rexistros individuais, estableceríanse tres novos récords galegos a cargo de Araceli Salgueiro do Samertolomeu nos 80 valos máster 45 con 13.38; Rosa Sierra do C.A. Sada na máster 55 nos 3.000 marcha con 16:45.00 e de Emilia Rodríguez do Trega na máster 40 dos 3.000 marcha con 16:32.17.

O artigo Copa Máster para Narón e Samertolameu publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Copa Máster para Narón e Samertolameu

Mas noticias relacionadas