Publicado por: F.G. Atletismo
O Club Atletismo Deza concluíu as xornadas do Plan Corresponsable da Xunta de Galicia cun exitoso curso de primeiros auxilios, organizado pola Federación Galega de Atletismo.
Entre 50 e 60 deportistas de diversas idades participaron activamente nesta formación crave, que lles brindou ferramentas esenciais para actuar en situacións de emerxencia.
Durante o curso, os participantes aprenderon a xestionar situacións como atragoamentos e feridas con obxectos incrustados. Ademais, ensinóuselles o manexo do desfibrilador externo semiautomático (DESA), a posición lateral de seguridade así como os protocolos para actuar fronte a queimaduras, intoxicacións e paros cardíacos.
A formación incluíu tres estacions prácticas: unha enfocada en reanimación cardiopulmonar (RCP), outra na posición lateral de seguridade, e unha máis sobre como actuar ante un atragoamento.
Grazas a esta iniciativa, os deportistas do Club Atletismo Deza finalizaron as xornadas con coñecementos crave en primeiros auxilios, fortalecendo a súa capacidade para enfrontar emerxencias tanto dentro como fóra das pistas.
O artigo Curso de primeiros auxilios para os deportistas do Club Atletismo Deza en Lalín publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Curso de primeiros auxilios para os deportistas do Club Atletismo Deza en Lalín