COPA DEPUTACIÓN DE LUGO – 4ª XORNADA (venres 17 maio)

Publicado por: Lucus Atletismo

Hoxe estarase disputando nas pistas locais do Estadio Gregorio Pérez Rivera a 4ª xornada da COPA DEPUTACIÓN DE LUGO que fora aprazada ao comezo do mes, coa peculiaridade –a diferenza das competicións previas– dos premios económicos, que serán entregados ás tres mellores marcas femininas e masculinas segundo a puntuación das táboas IAAF.

O desenvolvemento das probas será ao longo da mañá, a partir das 11:00 horas e nela poderán participar atletas desde a categoría SUB16 ata máster; rematando coa ceremonia de premiación e entrega de premios aproximadamente sobre as 14:20 h. Deixamos o horario definitivo logo das últimas modificacións e demais documentos de interese como o regulamento e a lista de inscricións.

HORARIO DEFINITIVO

Regulamento
Consulta desde aquí a lista das persoas inscritas!

Segue desde aquí os resultados en directo!

MOITO ÉXITO A TODOS/AS!!

Enlace con la noticia original: COPA DEPUTACIÓN DE LUGO – 4ª XORNADA (venres 17 maio)

Mas noticias relacionadas