DOUS BRONCES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20

Publicado por: Ourense Atletismo

Dous bronces foron os metais conquistados no Campionato de España Sub20 de Pista Curta celebrado en Sabadell.

A primeira chegou o sábado 21 co terceiro posto de Miguel Carbajales en pértega cunha marca de 4.68 metros. Miguel comezou o seu concurso en 4.38 e pasou á primeira tanto esa primeira altura coma o 4.58, superando á segunda tentatica os 4.68 para quedar eliminado dez centímetros máis arriba, nos 4.78.

O domingo chegaría o bronce de Iria Solera en altura cunha marca de 1.67 metros. Comezou con algún problema ao superar á segunda tentativa o 1.63, superando posteriormente o 1.67 á primeira e facendo os tres nulos consecutivos en 1.70. Compartiu bronce con Raquel Rodríguez Castañón, do Ciudad de Lugones.

Tamén participaron no 1.500 feminino Irene NavarroNaroa PereiraIrene rematou quinta na súa semifinal con 4:48.63, a un só posto de entrar na final. Naroa foi a 12ª da súa semifinal con 4:59.54. Xuntando os tempos das diferentes semifinais, Irene foi 14ª e Naroa 36ª.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Short Track sub-20

La entrada DOUS BRONCES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: DOUS BRONCES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20

Mas noticias relacionadas