Publicado por: Ourense Atletismo
Naia Bermejo e Claudia Pérez participaron na cidade alicantina de La Nucía no Campionato de España por Federacións Sub16.
Ambas competiron o sábado pola tarde, sendo a primeria Naia, quen no salto con pértega quedou en quinta posición cun mellor salto de 2.77. A atleta foi a primeira do seu ano, sendo todas as atletas que quedaron por riba dela nacidas no 2010 mentres que Naia é do 2011.
Claudia Pérez competir nos 3.000 lisos onde quedou en 13ª posición cun tempo de 11:50.60. A atleta defendeuse nunha carreira táctica e conseguiu cinco puntos para Galicia.
A selección galega rematou en sétima posición nas mulleres con 203 puntos.
Podes consultar os resultaos ao completo na seguinte ligazón:
Campeonato de España de Selecciones Autonómicas Sub-16 e inclusivo en Pista
La entrada NAIA E CLAUDIA COA SELECCIÓN SUB16 apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: NAIA E CLAUDIA COA SELECCIÓN SUB16